InicioCulturaO concerto de Beret en Castrelos atrásase dúas semanas: ata o martes...

O concerto de Beret en Castrelos atrásase dúas semanas: ata o martes 22 de agosto

Así o avisou este xoves o alcalde, Abel Caballero, a pesar de que estaba previsto que se celebrase a semana que vén, o sábado día 5.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Concello de Vigo atrasou o concerto de Beret no auditorio de Castrelos ata o martes 22 de agosto, a pesar de que estaba previsto que se celebrase a semana que vén, o sábado día 5.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, o alcalde, Abel Caballero, informou deste cambio de data, a unha semana do evento.

“Iámolo a facer estes días, pero ímolo a trasladar ao martes 22 de agosto. Estaba previsto para o sábado día 5, pero mellor ímolo a facer o martes 22 de agosto”, dixo Caballero, sen dar máis explicacións do asunto.

O rexedor aproveitou para anunciar tamén a contratación da orquesta Panorama e o Combo Dominicano, que actuarán a partir das 20.00 horas en Balaídos o vindeiro martes, día 1 de agosto.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...