InicioVigo e contornaVigoAutorizado o plan do Concello de Vigo para construír a Biblioteca do...

Autorizado o plan do Concello de Vigo para construír a Biblioteca do Estado

A autorización de Patrimonio sinala que nas dúas parcelas municipais onde se asentará o proxecto, contarán cunha zona dotacional e unha zona verde, pero alí "non consta a existencia de ningún ben do patrimonio cultural de Galicia".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades da Xunta de Galicia, informou favorablemente ao Concello de Vigo sobre o plan especial presentado para a construción da nova Biblioteca do Estado na rúa Lalín.

A autorización de Patrimonio sinala que nas dúas parcelas municipais onde se asentará o proxecto, que dispón con case 6.580 metros cadrados, contarán cunha zona dotacional e unha zona verde, pero alí “non consta a existencia de ningún ben do patrimonio cultural de Galicia”.

“Non existe ningún elemento catalogado no ámbito e non se identifican no ámbito bens ou elementos que deban ser protexidos polo seu valor patrimonial”, engade Patrimonio nun comunicado.

ÚLTIMAS

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...