InicioSucesosEvacuada ao Cunqueiro unha menor que foi rescatada da auga na praia...

Evacuada ao Cunqueiro unha menor que foi rescatada da auga na praia da Punta

A moza non respondía aos intentos de interactuar con ela tras afogarse na praia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha menor tivo que ser evacuada a un centro hospitalario tras ser rescatada da auga da praia da Punta, en Vigo, na tarde deste domingo.

Tal como informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 18.30 horas, cando un particular solicitou asistencia sanitaria para a moza, á que sacaran da auga neste areal vigués situado na parroquia de Teis.

Na chamada, o alertante explicaba que a menor non respondía aos intentos de interactuar con ela, tras afogarse na praia.

Foi un socorrista o que atendeu á menor ata a chegada do persoal de urxencias sanitarias, que a evacuou ao Hospital Álvaro Cunqueiro nunha ambulancia medicalizada.

No operativo tamén interviñeron os axentes da Policía Local.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...