InicioCulturaCaballero presume do "concertazo" de Alejandro Sanz en Vigo

Caballero presume do “concertazo” de Alejandro Sanz en Vigo

As entradas sairán á venda o venres de forma 'en liña' e presencial

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo porá á venda as entradas para o concerto de Alejandro Sanz no auditorio de Castrelos o vindeiro venres, día 21 de xullo, de forma ‘en liña’ e presencial.  Como vén sendo habitual, 2.500 pases estarán dispoñibles á mañá, a partir das 09,30 horas, e outros 2.500 á tarde, ás 16,30 horas. Deles, en cada franxa horaria 1.250 entradas venderanse no despacho de billetes do auditorio do Concello e as outras 1.250 na web.

Segundo destacou o alcalde, Abel Caballero, Alejandro Sanz chegará a Vigo o xoves 27 nun ano no que o artista ten máis de 60 datas confirmadas en todo o mundo, visitando países como México, Ecuador, Perú ou Colombia.

“Será un concertazo”, reivindicou o rexedor olívico, que precisamente este martes reuniuse co embaixador de Austria que visitou Vigo e co cal falou de realizar accións conxuntas no ámbito da cultura, relacionadas co mundo da música, para levar a cabo unha cooperación con algunha cidade do seu país á que poderían unirse outros estados europeos. “De momento non é máis que unha idea”, engadiu Caballero.

ÚLTIMAS

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...