InicioPolíticaCríticas a Cabellero por querer aprazar o Día de Galicia a setembro...

Críticas a Cabellero por querer aprazar o Día de Galicia a setembro “por mor das eleccións”

O PP de Vigo pidelle ao alcalde que rectifique e "déixese de ocorrencias".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Vigo criticou este xoves a decisión “inxustificada” do Concello olívico de aprazar ata setembro a celebración do Día de Galicia, que se conmemora o 25 de xullo, aludindo a motivos electorais. Para os ‘populares’ trátase dunha decisión “unilateral, inxustificada e unha falta de consideración cara aos galegos”.

“As datas e actos oficiais están para ser respetados e non para cambiarse de forma caprichosa porque neste caso ao señor alcalde, Abel Caballero, non lle apeteza celebralo cando corresponde”, lamentou o concelleiro Miguel Martín, preguntándose que medo ten o rexedor para non celebrar o Día de Galicia cando corresponde “como fai todo o mundo”.

“Non nos vale o argumento de que a súa celebración interfire en período electoral“, engadiu, xa que as eleccións son o 23 de xullo e o día de Galicia sería xa dous días despois dos comicios. Martín lembrou que os actos institucionais non deberían converterse nun “mitin político” como fai, ao seu xuízo, Caballero. “Pedímoslle un pouco de sentidoo galego, que rectifique e que se deixe de ocorrencias“, sentenciou.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...