InicioCulturaO Concello de Vigo pospón a celebración do Día de Galicia para...

O Concello de Vigo pospón a celebración do Día de Galicia para setembro para “afastalo do período electoral”

Non se comunicou aínda a data na que levará a cabo dita celebración

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo anunciou este mércores que posporá a celebración do Día de Galicia ao mes de setembro para así “afastalo do período electoral”, a pesar de que os comicios serán xa o 23 de xullo.

Nun breve comunicado, o goberno local escusouse asegurando que en agosto a cidade xa acolle diferentes eventos culturais e festivos, polo que “parece conveniente atrasar a efeméride ata o mes de setembro” e non celebrala nin o 25 de xullo nin durante agosto. Con todo, non se comunicou aínda a data na que levará a cabo dita celebración.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...