InicioPolítica23X-O PP sinala en Vigo que os socialistas non queren falar "da...

23X-O PP sinala en Vigo que os socialistas non queren falar “da economía real” das familias

Así o trasladaron as candidatas do PP ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Ana Pastor e Irene Garrido, durante unha visita ao Banco de Alimentos de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP denunciou este martes que “hai unha economía real da que os socialistas non queren que se fale”, e que é a que afecta as familias, e subliñou que, a día de hoxe, “hai máis de 800.000 familias que non poden cubrir os seus gastos esenciais e básicos”.

Así o trasladaron as candidatas do PP ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Ana Pastor e Irene Garrido, durante unha visita ao Banco de Alimentos de Vigo.

Pastor agradeceu o importante labor desta organización e dos seus voluntarios, e agradeceu tamén a importante achega de doantes anónimos. “Os políticos temos a responsabilidade de xerar oportunidades para que as persoas poidan ter recursos e unha vida independente, é necesario tomar medidas para xerar emprego e oportunidades”, remarcou.

Por iso, incidiu, unha das primeiras medidas que tomará o Goberno de Feijóo e logra chegar á Moncloa será reducir o IRPF para rendas menores de 40.000 euros, e baixar o IVE de carnes, peixes e conservas.

Ana Pastor lembrou que non só subiu o prezo da lista da compra, senón tamén outros gastos, como a enerxía eléctrica, as hipotecas e “os españois pagaron máis impostos que nunca”. “Queremos devolver ás familias unha parte do que contribuíron, e que debe estar no peto da cidadanía”, explicou a candidata.

ÚLTIMAS

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...