InicioPolítica23X.- Os socialistas de Pontevedra acusan ao PP de querer "dinamitar" a...

23X.- Os socialistas de Pontevedra acusan ao PP de querer “dinamitar” a reunión do Consello Europeo de Pesca en Vigo

David Regades destacou a importancia dese encontro, no que participarán os ministros e ministras de Pesca de toda a UE.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os candidatos socialistas da provincia de Pontevedra a Congreso e Senado,    compareceron este luns ante os medios na praia de Samil para acusar ao PP de tentar “dinamitar” a reunión do Consello Europeo de Pesca que se vai a celebrar a semana que vén na cidade olívica, no marco dos actos da presidencia española da UE.

Na súa comparecencia, David Regades destacou a importancia dese cume, na que participarán os ministros e ministras de Pesca de toda a UE, ademais do comisario Virginijus Sinkevicius, e que pon de manifesto o papel relevante de Vigo no ámbito da pesca.

Pola súa banda, o alcalde, Abel Caballero, asegurou que o PP tentou “boicotear” esta cita. “Querían levala a Bruxelas. Pois vaia querenza que teñen por Vigo. Felizmente, Europa non fixo caso a Feijóo si lle fixo caso a Pedro Sánchez, e a próxima semana teremos a gran honra de dar a benvida ás ministras e ministros de Pesca da UE na cidade”, proclamou.

Na mesma liña, Nicolás González Casares lamentou que o PP se converteu en Europa “nun inimigo da cidade de Vigo e de Galicia” porque “trataron de dinamitar a reunión do Consello Europeo de Pesca enviando escritos”.

Por outra banda, o candidato ao Congreso, David Regades, aproveitou a súa presenza ante os medios para lembrar que a cidade olívica xa recibiu 75 millóns de euros procedentes dos fondos europeos Next Generation, aos que se suman os destinados a empresas e os que se canalizan a través dos PERTE da automoción, o audiovisual, os semiconductores, o naval ou o sector aeroespacial.

Mentres, Carmela Silva puxo en valor que España é o país da UE que lidera a xestión dos fondos Next Generation e acusou ao candidato do PP á presidencia, Alberto Núñez Feijóo, de “informarse pouco”, o que lle leva a “dar marcha atrás” constantemente en cuestións sobre economía ou axenda europea.

Respecto diso, lembrou que aos ‘populares’ agora parece gustarlles a reforma laboral á que se opuñan, e tiveron que cambiar de criterio “porque non podían seguir facendo o ridículo en Europa”. A isto súmase o rexeitamento do PP a outras cuestións “validadas” pola UE, como a reforma do sistema de pensións.

ÚLTIMAS

Un xulgado de Vigo recoñece a incapacidade a unha cociñeira á que o INSS mandou traballar “preto dun hospital”

A Praza Número 6 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo...

Abel Caballero reclama cofinanciamento para subvencionar voos en Peinador e acusa á Xunta de querer “pechar” o aeroporto

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu este xoves que o aeroporto da cidade...

Colectivos de Vigo convocan unha protesta de urxencia ante o asalto á flotilla con dous vigueses a bordo dos que non se teñen noticias

Vigo acollerá este xoves 30 de abril, ás 20:00 horas, unha concentración no Paseo...

Sindicatos policiais denuncian en Vigo falta de persoal e unha comisaría “indigna”

Os sindicatos policiais SUP e CEP levaron a cabo este xoves unha concentración diante...