InicioSucesosDetido un veciño de Vigo por queimar un coche estacionado nun aparcadoiro

Detido un veciño de Vigo por queimar un coche estacionado nun aparcadoiro

O home intentou queimar unha papeleira na zona.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, J.A.A.S., de 37 anos de idade, como presunto autor dun delito de danos, tras causar supostamente un lume, que calcinou por completo un vehículo nun aparcadoiro da cidade. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste luns, cando o 092 recibiu un aviso para acudir a un aparcadoiro privado da rúa Piñeiro, onde se estaba producindo un incendio nun coche.

Unha dotación policial dirixiuse ao lugar e, de camiño, observaron a un home paseando a un can, e que estaba a mirar cara ao lugar do incendio. Ao lugar do sinistro tamén se desprazou a Policía Nacional e unha dotación de bombeiros, que puido extinguir as chamas antes de que se propagasen cara a outros vehículos e cara aos edificios lindeiros.

Mentres estaban no lugar, os axentes recibiron unha chamada da central de comunicacións, informando de que un veciño chamara ao 092 para alertar sobre a presenza dun home prendendo lume nunha papeleira nunha rúa próxima. Ademais, a descrición do sospeitoso coincidía co home que paseaba ao seu can e co que se cruzou previamente o coche patrulla. Os axentes dirixíronse a ese outro lugar e sorprenderon ao home cun chisqueiro aceso, queimando plásticos do interior dunha papeleira, polo que procederon á súa identificación.

Posteriormente, a empresa xestora do aparcadoiro onde ardeu o coche permitiu visualizar as imaxes dos seus cámaras de seguridade, e a Policía puido comprobar como esa mesma persoa rompera o cristal do coche e prendera lume no seu interior, polo que foi detido. Ao cachealo, os axentes atoparon entre as súas roupas algúns efectos, que logo foron recoñecidos como seus pola propietaria do coche que ardera.

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...