InicioSociedadeCUT denuncia que a falta de efectivos de Bombeiros en Vigo pon...

CUT denuncia que a falta de efectivos de Bombeiros en Vigo pon en risco a seguridade dos veciños

Este sábado unha muller de avanzada idade estivo ao redor de 40 minutos atrapada na súa casa ante a falta de efectivos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato CUT denunciou que a falta de efectivos de Bombeiros na área de Vigo pon en risco a seguridade dos veciños. Como exemplo diso, explicaron que este sábado unha muller de avanzada idade estivo ao redor de 40 minutos atrapada na súa casa ante a falta de efectivos do parque de Coruxo, que se atopaban noutra intervención.

Concretamente, dous bombeiros de Coruxo auxiliaron aos seus compañeiros de Vigo no incendio que acabou cun edificio abandonado en Vigo, dada a magnitude do suceso. Ao mesmo tempo, na zona de Bouzas, unha persoa maior, encerrada na súa casa, pedía axuda. Dado que se atopaban noutra intervención e que non hai máis efectivos, a muller quedou encerrada ao redor de 40 minutos, pedindo auxilio.

“Se a señora chega a correr perigo, xa saberiamos o resultado”, comentan. Lamentan ademais que, dada a situación, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegure que o número de bombeiros é perfecto, así como a distribución dos parques.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...