InicioSociedadePiden 6 anos de cárcere para un exdirector dunha sucursal de Vigo...

Piden 6 anos de cárcere para un exdirector dunha sucursal de Vigo por estafar máis de 740.000 euros ao banco

No banco tamén sentarán os seus dous socios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide 6 anos de cárcere para un exdirector dunha sucursal do Banco Pastor por estafar á entidade máis de 740.000 euros, utilizando unha trama de pagarés falsos para conseguir liquidez para os socios dunha empresa da que el mesmo fora coadministrador. No banco tamén sentarán os seus dous socios, e o xuízo celebrarase este xoves e este venres na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Segundo o escrito de acusación pública, o tres acusados (unha persoa de orixe francesa, outro de orixe brasileira e un galego) fixéronse coadministradores dunha empresa en 2004. Do tres, o socio galego traballaba como interventor nunha sucursal do Banco Pastor en Sanxenxo.

Nesa oficina, a empresa contratou unha liña de desconto e unha de crédito e, dous anos despois, o socio galego foi nomeado director dunha das oficinas do banco en Vigo. Desde ese momento, cesou como coadministrador para ter as mans libres e que a súa oficina puidese operar coa empresa dos seus socios sen levantar sospeitas.

Así, os contratos realizados coa sucursal de Sanxenxo foron trasladados á de Vigo e, desde o seu novo posto, o director da oficina autorizou unha serie de operacións de crédito para favorecer á empresa e aos seus socios.

Segundo a Fiscalía, este acusado urdió un plan para dotar á empresa de liquidez, renovando as liñas de crédito cando ían expirar, aplicando aos seus socios beneficios, ou descontando pagarés que non se correspondían con operacións mercantís reais. Deste xeito, xerouse unha “roda de pagarés” que acabou desembocando nun fenómeno de “bóla de neve”, de maneira que uns pagarés abonábanse cos descontos obtidos a través doutros.

A situación mantívose ata que o banco comezou a sospeitar. Entón, o acusado e os seus socios idearon outro método para conseguir o diñeiro: usaban datos de clientes do banco sen a súa autorización para abrir liñas de desconto transitorio e librar así máis pagarés. O importe total do diñeiro obtido fraudulentamente ascendeu a 1,4 millóns de euros, e o prexuízo causado ao Banco Pastor foi de 743.588,42 euros.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...