InicioVigo e contornaVigoCaballero sobre a "tentación" do PP de "castigar" Vigo desde a Deputación:...

Caballero sobre a “tentación” do PP de “castigar” Vigo desde a Deputación: “Terán resposta cidadá”

En declaracións aos medios tras acompañar aos deputados provinciais socialistas polo partido xudicial de Vigo á recollida de credenciais na Xunta Electoral, o rexedor olívico subliñou que a Deputación debe dar á cidade, e ao resto de municipios, o mesmo trato que tiñan ata agora.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, advertiu de que esixirá á nova Deputación de Pontevedra, que gobernará o PP, “o mesmo trato” á cidade que o dispensado pola anterior presidenta da institución provincial, a socialista Carmela Silva, e lanzou unha advertencia: “Que abandonen calquera tentación de castigar á cidade, porque terán unha inmensa resposta. Este é o meu aviso”.

En declaracións aos medios tras acompañar aos deputados provinciais socialistas polo partido xudicial de Vigo á recollida de credenciais na Xunta Electoral, o rexedor olívico subliñou que a Deputación debe dar á cidade, e ao resto de municipios, o mesmo trato que tiñan ata agora. “Esiximos o tratamento ao que temos dereito”, proclamou.

“Non depende da discrecionalidade dun presidente, dun grupo político maioritario, depende da situación obxectiva”, sinalou Abel Caballero.

O rexedor olívico, recoñeceu que o PP gañou “democraticamente” a maioría para gobernar a Deputación. “Felicitámolos, pero que non teñan ningunha tentación de tentar castigos partidarios, porque terán uhna resposta cidadá que nin se imaxinan”, resolveu.

DAVID REGADES E CARMELA SILVA

Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG na provincia e candidato ao Congreso, David Regades, proclamou que os 9 deputados e deputadas provinciais socialistas serán “a garantía” de loita para manter as políticas dos últimos 8 anos.

Así, subliñou que, nos dous últimos mandatos, a Deputación levou a cabo iniciativas que “transformaron” a provincia, que foi “máis transparente” e con infraestruturas e investimentos que chegaron “aos 61” concellos. “Hoxe o que empezamos é o camiño dese control e desa garantía de que todo ten que seguir funcionando da mesma forma, con transparencia, con participación e con igualdade para todos os concellos”, apostilou.

Mentres, a aínda presidenta da Deputación en funcións, e candidata ao Senado, Carmela Silva, tamén insistiu na idea de que o grupo provincial socialista será a “garantía” de que se mantén “un modelo” que ten como premisa asegurar os dereitos e servizos a todos os cidadáns “vivan onde vivan”.

“Durante 8 anos cambiouse de arriba a abaixo a Deputación, un xiro de 180 graos”, defendeu, e engadiu que esa transformación se fixo “con criterios obxectivos”, “sen un euro de libre designación” da Presidencia, e “con máis recursos que nunca”.

Silva aseverou que os deputados e deputadas socialistas “van defender ese modelo”, que foi “referencia en toda Galicia e en toda España”. “Sen ánimo de ofender a ninguén, creo que imos ser o grupo que de verdade vai defender os 61 concellos da provincia de Pontevedra. Así que iniciamos un traballo apaixonante de defensa dos dereitos das persoas”, recalcou.

ÚLTIMAS

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...