InicioMedio Ambiente e PatrimonioARVI será o encargado de levar a cabo a X Conferencia Internacional...

ARVI será o encargado de levar a cabo a X Conferencia Internacional sobre o Futuro da Pesca

Entre os representantes que acudirán nestas xornadas atópanse Abel Caballero e o Conselleiro do Mar, Alfonso Villares.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) acollerá a partir do próximo luns, día 26 de xuño, a X Conferencia Internacional ARVI sobre o Futuro da Pesca: A Estratexia de Biodiversidade e a Descarbonización da frota pesqueira da UE.

Tal como informou a asociación, o evento celebrarase a partir da tarde do luns e durante a mañá do martes e nel expertos analizarán e achegarán os seus puntos de vista a este respecto. O acto de inauguración levarase a cabo ás 16:00 horas na sede de ARVI e nel intervirá, entre outros, o presidente da Cooperativa, Javier Touza, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

A Conferencia contará con varias mesas redondas para tratar o presente e o futuro do sector e está previsto que ao acto de clausura, o martes ás 13:00 horas, acuda o conselleiro do Mar, Alfonso Villares.

ÚLTIMAS

​Pérez Esquivel, Beiras, Ferrín ou Ramonet apoian unha campaña pola liberdade de Nicolás Maduro

Destacadas personalidades como Xosé Manuel Beiras, Méndez Ferrín e o Nobel Adolfo Pérez Esquivel...

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...

Carmen García Mateo e Belén Rubio dispútanse este venres o Reitorado da Universidade de Vigo

Carmen García Mateo e Belén Rubio mediranse este venres na segunda volta das eleccións...

Casa 47 sortea 67 vivendas en Vigo a un prezo de alugueiro medio de 662 euros ao mes

Casa 47 sorteou este xoves ante notario as 171 vivendas da convocatoria piloto de...