InicioMovementos SociaisONG's convocan unha concentración en Vigo polos falecidos no salto ao valo...

ONG’s convocan unha concentración en Vigo polos falecidos no salto ao valo de Melilla cando se cumpre un ano

PUBLICADO O

- Advertisement -

A ONG Amnistía Internacional, Asociación Yaran, Asociación Diversidades, Mans Unidas, Rede Social Galicia-Sur, Rede Acolle, Sindicato de Traballadoras do Fogar e Coidados (SinTraHoCu) e SOS Racismo Vigo organizan este martes unha concentración na cidade olívica polo primeiro aniversario dos máis de 30 inmigrantes falecidos no salto ao valo de Melilla.

Con motivo do Día Internacional das Persoas Refuxiadas, que se celebra este martes 20 de xuño, a ONG manifestaranse a partir das 19,30 horas na Praza do Emigrante de Vigo para pedir explicacións e unha investigación sobre o que ocorreu en Melilla o pasado 24 de xuño de 2022, cando morreron polo menos unhas 37 persoas e desapareceron unhas 77.

Baixo a lema ‘Un ano de impunidade: Melilla nunca máis‘, a ONG representarán con varias siluetas ás persoas falecidas. Ademais, colocaranse zapatos e obxectos simbólicos da viaxe co que pretendían chegar a Europa.

“O 24 de xuño pasado as forzas de seguridade de Marrocos e España cometeron crimes de dereito internacional con cariz racista no intento de impedir a entrada en Melilla de preto de 2.000 persoas, a maioría orixinarias de Sudán”, declarou a portavoz de Amnistía Internacional en Vigo, Mariana Jorge Lozano.

Nun comunicado, as ONG’s lamentaron que os axentes utilizaron porras, gas lacrimóxeno e balas de goma, dándolle golpes e patadas aos inmigrantes nun recinto pechado do que non podían escapar facilmente, “mesmo despois de que estivesen baixo control policial e non puidesen moverse”.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...