InicioEconomíaOs traballadores do metal saen ás rúas de Vigo para reclamar un...

Os traballadores do metal saen ás rúas de Vigo para reclamar un convenio provincial digno

Fano durante a primeira das tres xornadas de paros convocados polos sindicatos CIG, CCOO e UGT.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Miles de traballadores do sector metal saíron á rúa este xoves en Vigo para manifestarse en defensa dun convenio provincial “digno” e que poña fin á “precariedade”, coincidindo coa primeira do tres xornadas de folga convocadas polos sindicatos CIG, CC.OO, e UGT, e coas negociacións coa patronal encalladas na cuestión salarial.

A marcha saíu á primeira hora da mañá da Avenida de Beiramar, na zona dos estaleiros e, tras percorrer varias rúas do centro, pasando por diante do Concello, finalizou na Praza da Estrela, á beira da delegación territorial da Xunta de Galicia.

O responsable do Metal do sindicato CIG en Vigo, Xulio Fernández, confirmou que a xornada de folga deste xoves foi “un éxito rotundo” e lembrou que esta medida de presión foi convocada porque a patronal quere levar aos traballadores “á precariedade”. “Este era un convenio de referencia no Estado español, e xa non o é”, criticou e proclamou: “Non somos os seus escravos!”.

Segundo lembrou, os traballadores da industria do metal das provincias de Lugo, Ourense e A Coruña xa conseguiron o que reclaman agora os de Pontevedra, polo que instou a manter “o pulso”.

De feito, apuntou que a próxima xornada de folga, o 20 de xuño, coincidirá co primeiro día da Feira Mindtech, organizada pola patronal do metal. Se entón non se chegou a un acordo para o convenio, advertiu, acudirán á feira a “rebentala”.

“NON IMOS CEDER”

Pola súa banda, o portavoz de UGT, Rubén Pérez, puxo en valorq que os traballadores do sector volveron a “demostrar que están dispostos a loitar na rúa”. “Non imos ceder”, apuntou, e criticou as declaracións da patronal cando se queixa da falta de profesionais cualificados.

“Os traballadores vanse do sector, moitos a outros países. Non se van porque lles guste viaxar, é porque aquí non hai condicións dignas”, recalcou, e insistiu en que “é necesario aguantar o pulso”.

Mentres, o responsable de CC.OO., Celso Carneiro, apelou á unidade do tres sindicatos neste conflito, e ha subyarado a gran participación na folga deste xoves. “A folga segue ata as 6,00 horas (do venres) e as horas extras están cortadas, nada de ‘velar’ o fin de semana”, advertiu.

Na manifestación deste xoves en Vigo participaron miles de traballadores e responsables sindicais a nivel galego, como o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, ou o responsable de CC.OO. Industria en Galicia, Víctor Ledo. As próximas xornadas de folga serán o 20 e o 22 de xuño.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero, ao coñecer que León impartirá Medicina en 2026: “A Vigo, a Xunta négalle unha facultade. É un escándalo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou de novo contra a Xunta de Galicia...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...