InicioSucesosPiden 18 anos de cárcere para o sexaxenario que acoitelou a súa...

Piden 18 anos de cárcere para o sexaxenario que acoitelou a súa veciña nun piso da rúa Zamora

O home está acusado dun delito de asasinato con aleivosía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Fiscalía solicita ata 18 anos de cárcere para o sexaxenario que matou á súa veciña nun piso da rúa Zamora de Vigo en outubro de 2022, cando a acoitelou na entrada do seu apartamento despois dunha breve discusión.

No seu escrito de acusación, no que solicita que se decrete a apertura do xuízo oral, o Ministerio público relata que foi sobre as 20:00 horas daquel día cando o acusado se atopou na entrada do edificio á súa veciña, coa que mantivo unha breve discusión. Minutos despois el volveu acceder ao inmoble, esperando á muller no interior. Cando ela chegou, atacouna por detrás cun coitelo de 20 centímetros de longo mentres a vítima trataba de introducir as chaves na porta do seu piso.

O Ministerio fiscal explica que a primeira puñalada foi por detrás e dirixida á rexión dorsal, causándolle unha ferida na rexión dorsal media, de esquerda a dereita, duns 13 centímetros. Nese momento, a muller só puido gritar para pedir auxilio e tentou agarrar coa man o coitelo, causándose cortes. Con todo, o acusado apuñalouna na rexión abdominal, por baixo do embigo, causándolle unha ferida mortal.

A pesar diso, o home volveu atacala de novo, póndose encima, cravándolle o coitelo na mama esquerda, penetrando incluso o corazón. “A forza do ataque foi tal que o mango do coitelo rompeu e a folla quedou dentro do corpo da vítima”, indica Fiscalía nun escrito de gran dureza. A partir de aí, o acusado abandonaría o lugar e entraría no seu piso.

Por todo iso, Fiscalía considera que os feitos son constitutivos dun delito de asasinato con aleivosía, polo que solicita para o home 18 anos de cárcere. Ademais, pide unha responsabilidade civil de máis de 150.000 euros en favor da filla da vítima, maior de idade, os pais da mesma e as súas irmás.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...