InicioSociedadeZona Franca e Colexio de Economistas de Pontevedra alcanzan un acordo de...

Zona Franca e Colexio de Economistas de Pontevedra alcanzan un acordo de promoción do Vigo Global Summit

A Zona Franca de Vigo e o Colexio de Economistas de Pontevedra alcanzaron un acordo de colaboración para promocionar o Vigo Global Summit 2023 entre os colexiados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Zona Franca de Vigo e o Colexio de Economistas de Pontevedra alcanzaron un acordo de colaboración para promocionar o Vigo Global Summit 2023 entre os colexiados. Así, estes poderán gozar do evento cun 80% de desconto na compra das entradas para un ou ambos os días, segundo informou a Zona Franca nun comunicado, tras o encontro entre o delegado do Estado, David Regades, e a decana do Colexio, Lucy Amigo.

O congreso económico co que se celebra o 75 aniversario do Consorcio levará a cabo entre os días 27 e 28 de xuño e será “un momento de reflexión colectiva xunto a líderes globais en análises, opinión e referentes no mundo da economía, os negocios e a política”. Ademais, contará coa participación dos galardoados co Premio Nobel de Economía Paul Krugman e Abhijit Banerjee, así como con recoñecidos banqueiros, empresarios, directivos ou analistas, entre outros.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Manifestación de traballadores de GKN este domingo en rexeitamento do ERE “inxustificado” da compañía

O comité de empresa da auxiliar automobilística GKN convocou este domingo, día 1 de...