InicioSucesosOutra vez aplazado o xuízo contra a muller acusada por tocamentos a...

Outra vez aplazado o xuízo contra a muller acusada por tocamentos a un menor en Vigo

Debido á non comparecencia de varias testemuñas, o xuízo terá lugar o próximo 23 de xuño ás 10:00 horas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra suspendeu este mércores o xuízo contra unha muller acusada dun delito de abuso sexual a un menor tras supostamente bicalo e realizarlle tocamentos en varias ocasións.

O motivo da suspensión foi a non comparecencia de varias testemuñas, porén, o xuízo celebrarase finalmente o próximo 23 de xuño ás 10:00 horas. Nun principio, a vista estaba programada xa para o pasado mes de febreiro, pero foi suspendida pola folga de Letrados da Administración de Xustiza.

Os feitos ocorrerían no centro de Emerxencias para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero da cidade olívica e, por eles, Fiscalía solicita 4 anos e 5 meses de prisión. O Ministerio público solicita tamén a prohibición de achegarse á vítima ou comunicarse a ela durante catro anos e a inhabilitación da muller para realizar algún traballo que leve contacto con menores durante polo menos tres anos tras a pena de cárcere.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...