InicioSucesosColisión múltiple entre catro vehículos en Mos

Colisión múltiple entre catro vehículos en Mos

Hai unha persoa ferida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha colisión múltiple entre catro vehículos na autovía A-55, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Mos, saldouse cunha persoa ferida.

Segundo trasladou o 112, o sinistro produciuse sobre as 12,00 horas. Nese momento, un particular informaba á central de emerxencias dun choque entre catro vehículos, posiblemente por alcance, no carril de adiantamento da A-55, no quilómetro 11, en dirección Vigo.

Con esta información, os operadores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do persoal sanitario, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos membros do GES e de Protección Civil do municipio. Xa no lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que unha persoa resultara ferida e fora trasladada polos profesionais sanitarios.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...