InicioSucesosInterceptan a un ciclista que circulou pola AP-9 e pola A-55 en...

Interceptan a un ciclista que circulou pola AP-9 e pola A-55 en sentido Portugal

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil interceptou na tarde deste pasado mércores a un ciclista que circulou pola autoestrada AP-9 en dirección Tui e, posteriormente, pola autovía A-55 co obxectivo de chegar a Portugal.

Tal como informou a Benemérita, foi sobre as 18,00 horas cando os axentes tiveron constancia dos feitos, polo que unha patrulla localizou ao home, que se tratou dun mozo de 23 anos e de nacionalidade checa.

Segundo indicou, a súa intención era desprazarse desde Vigo ata Coimbra (Portugal) e estaba perdido. Por iso, os actuantes explicáronlle que estaba prohibido circular por autoestradas e autovías en bicicleta, existindo un itinerario alternativo.

Desta maneira, acompañóuselle ata a N-550 para que seguise o seu traxecto, á vez que lle foi entregado un chaleco para que resultase máis visible para o resto de usuarios da vía.

ÚLTIMAS

Xunta insiste en que Vigo terá abastecemento de agua ata final de ano

A Xunta de Galicia quixo enviar unha mensaxe de "tranquilidade" á veciñanza de Vigo...

O Nadal de Vigo xa ten o seu selo de Correos

Correos emite este mércores o selo "Cidades do Nadal. Vigo", que se pon en...

Vigo calcula en 107 millóns o investimento necesario para ser sede do Mundial e que Xunta e Deputación aporten dous terzos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que será preciso investir máis de 107,5...

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...