InicioPolíticaXabier Pérez Igrexas: "Imos traballar para converternos na alternativa de moitos vigueses"

Xabier Pérez Igrexas: “Imos traballar para converternos na alternativa de moitos vigueses”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo celebrou nas últimas horas unha reunión da Comisión Permanente do Consello Local para avaliar o resultado das eleccións locais do domingo e deseñar a estratexia de actuación municipal do próximos catro anos, e reivindicouse como alternativa de goberno despois de triplicar a súa representación no Concello (dun a 3 concelleiros).

Este órgano executivo do BNG de Vigo valorou que a formación foi a que máis subiu na cidade nestes comicios e que, de feito, chegou a ser a segunda forza en 41 mesas electorais. Así mesmo, subliñou que quedou a menos de 7 votos por mesa de lograr un cuarto concelleiro.

O candidato nacionalista e futuro portavoz do grupo municipal, Xabier Pérez Igrexas, subliñou que o BNG ten que “avanzar moito máis” os próximos 4 anos. Así, lembrou que, no últimos catro anos, “cun único concelleiro”, os nacionalistas puideron referenciarse “como a verdadeira oposición”, construtiva e con propostas.

“Agora, co pulo de máis de 15.000 persoas imos traballar para ser de novo unha forza determinante e converternos na alternativa de moitos vigueses e viguesas que saben que Vigo merece máis e que queren abrir un tempo na maior cidade de Galicia”, proclamou Pérez Igrexas.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...