InicioEconomíaUnha concentración contra a "discriminación salarial das mulleres" en Copo Galicia

Unha concentración contra a “discriminación salarial das mulleres” en Copo Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Confederación Intersindical Galega (CIG) convocou este luns unha concentración contra a “discriminación salarial das mulleres” en Copo Galicia.

Así, o sindicato pretende visibilizar a “inaceptable situación de discriminación” que padecen as traballadoras nesta compañía, polo que chamou á mobilización a partir das 12,00 horas nas instalacións da empresa, situadas en Mos.

Nun comunicado, a CIG explicou que a empresa forma parte do grupo Copo, con tres asinas na provincia, sendo Copo Galicia a única que non ten na actualidade un convenio de empresa propio. Con todo, case a metade do persoal son mulleres, sendo a empresa co cadro de persoal máis feminizado do grupo.

A compañía asigna diferentes traballos en función do xénero das persoas, ocupando as mulleres os postos ligados a costura e os homes os postos de mantemento ou operarios. Esta diferenciación válelles como base para aplicar ás mulleres o convenio da industria téxtil e ao home o da industria química”, criticou a CIG, que asegura que desta maneira as mulleres cobran uns 6.000 euros menos ao ano.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...