InicioPolíticaAbel Caballero anima á participación electoral dos vigueses: "Democracia, democracia e votar,...

Abel Caballero anima á participación electoral dos vigueses: “Democracia, democracia e votar, votar”

Paseará pola cidade e visitará outros colexios electorais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O candidato do PSdeG á alcaldía de Vigo, Abel Caballero, animou aos vigueses a participar co seu voto nas eleccións municipais que se celebran este domingo con “unha recomendación”: “Democracia, democracia e democracia, e votar, votar e votar”.

O actual alcalde da cidade olívica exerceu o seu dereito a voto antes das 10,00 horas acompañado da súa muller e, tras facelo, dirixiuse aos medios de comunicación para, primeiro, mostrarlles o seu recoñecemento. “A presenza dos medios é fundamental para a democracia”, asegurou.

“A democracia é a participación, é acudir e mostrar a forza do voto de cada persoa, que nos iguala a todos. Por iso dígolle á cidade que acuda, que voten, que van lanzar a partir do que decidan, o futuro de Vigo do próximos catro anos”, comentou. Abel Caballero avanzou que, antes de dirixirse á sede para seguir o escrutinio, paseará pola cidade e visitará outros colexios electorais.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...