InicioCulturaBad Gyal cantará nas festas de Castrelos en Vigo o vindeiro 10...

Bad Gyal cantará nas festas de Castrelos en Vigo o vindeiro 10 de agosto

A artista barcelonesa fusiona xéneros como o reguetón, dancetrap e o trap.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo confirmou este mércores un novo concerto para as festas do verán: a actuación da artista catalá Bad Gyal, que terá lugar o próximo 10 de agosto no auditorio municipal de Castrelos. Alba Farelo, coñecida artisticamente como Bad Gyal, é unha cantante que fusiona xéneros como o reguetón, dancetrap e o trap.

En 2016 lanzou o seu primeiro traballo, ‘Slow Wine Mixtape’, e neste 2023 publicouse ‘La Joya’, na discográfica Interscope/Universal Music Latino. Ao longo da súa traxectoria colaborou con artistas como Soto Asa, Karol G, Sexan Paul, Omar Montes ou Lalo Ebratt. Recibiu premios como Latin Music Italian Awards, Premis ARC, MTV Europe Music Awards.

Ademais, este xoves o alcalde, Abel Caballero, confirmou o inicio do expediente de contratación do artista David Guetta, que actuará no auditorio de Castrelos o 20 de agosto.

Nunhas declaracións remitidas aos medios, o alcalde proclamou que a actuación de Guetta, DJ e produtor recoñecido internacionalmente e con numerosos premios, suporá “o mellor peche dos concertos de Castrelos que houbo nunca na historia”.

Este concerto súmase a outros xa anunciados para a tempada estival: Andrés Calamaro (8 de xullo), David Bisbal (15 de xullo), Pablo López (24 de xullo), Alejandro Sanz (27 de xullo), Coral Casablanca (29 de xullo), Beret (5 de agosto) e Ana Mena (15 de agosto).

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Manifestación de traballadores de GKN este domingo en rexeitamento do ERE “inxustificado” da compañía

O comité de empresa da auxiliar automobilística GKN convocou este domingo, día 1 de...