InicioSociedadeO comité de Vitrasa rexeita a oferta da empresa de adiantar 500...

O comité de Vitrasa rexeita a oferta da empresa de adiantar 500 euros ao persoal e mantén a folga

A empresa denunciou que a oferta trasladada non foi sometida á asemblea

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do bus urbano de Vigo, rexeitou a oferta da empresa de adiantar 500 euros por traballador, a cambio de desconvocar as xornadas de folga de 24 horas previstas ata o 26 de maio, por considerar a proposta “insuficiente” e porque a empresa “se nega a negociar reivindicacións de tipo social”.

Nun comunicado, o sindicato CIG, que preside o órgano de representación dos traballadores, sinalou que a intención de Vitrasa era pagar 500 euros por persoa na seguinte nómina, que lles serían descontados da futura subida salarial que se poida acordar, unha cantidade que ven “irrisoria”, e que suporía un desembolso de 180.000 euros a unha concesionaria “que está a reclamar ao Concello case 31 millóns”.

O comité mantén que o novo convenio debe incluír unha actualización de soldos en base ao IPC acumulado desde que caducou o anterior marco regulador (6,5 % en 2021, e 5,7 % en 2022). “Ademais a dirección pretende pechar o conflito e seguir negociando máis adiante, sen atender as reivindicacións de tipo social”, engadiron fontes sindicais.

Por todo iso, manterán a folga e as mobilizacións, que continuarán o vindeiro luns cunha marcha a pé desde as instalacións da empresa ás 7,45 horas ata a Praza de España. O martes trasladarán as protestas á porta do Concello ás 10,30 horas, para seguir reclamando ao alcalde que se implique no conflito.

POSICIÓN DE VITRASA

Pola súa banda, a empresa concesionaria lamentou que o comité rexeitase a “paga de 500 euros netos” para cada traballador ofrecida como “medida conciliadora”, para recuperar o “correcto funcionamento” do servizo e pór fin á folga. “Con esta actitude, o comité demostra unha vez máis a súa desconexión coa realidade que está a vivir a empresa, que leva 3 anos acumulando perda de viaxeiros (…) e que está á espera de resolución do expediente de reequilibrio económico”, engadiu Vitrasa nun comunicado.

Ademais, a empresa denunciou que a oferta trasladada non foi sometida á asemblea, do mesmo xeito que non se someteu a asemblea a decisión de pasar dos paros parciais (que si foi votada polo persoal) aos paros de 24 horas.

Finalmente, tamén lamentou que o comité se negou “” a aceptar a súa oferta de manter, desde o próximo 22 de maio, reunións semanais coa Comisión de Horarios e Liñas “para pechar un diagnóstico, así como medidas necesarias para mellorar os tempos de descanso da xornada”.

ÚLTIMAS

Vigo apaga os 12 millóns de LED do seu Nadal máis internacional cunha mensaxe de paz

A cidade de Vigo puxo fin este domingo, 11 de xaneiro, ao seu Nadal...

A Audiencia de Vigo xulga unha administrativa por subtraer 100.000 euros dunha empresa de formigóns

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle este...

A Audiencia de Vigo xulga dúas estafas por falsos alugueiros e reformas domésticas

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle esta...

Piden penas de ata 6 anos de cárcere por unha apropiación indebida de 136.000 euros nunha empresa do Porriño

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes o xuízo contra...