InicioEconomíaPontón ve un escándalo a posible reclamación de 1.000 millóns de Audasa...

Pontón ve un escándalo a posible reclamación de 1.000 millóns de Audasa ao Goberno central

A portavoz nacional do BNG trasladou a súa esperanza de que haxa unha "resolución favorable das institucións europeas" que permita "abrir unha porta para recuperar a titularidade e para o fin da concesión".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou este venres que “sería o colmo que Audasa tivese que reclamar nada” se a UE declara ilegal as prórrogas da concesión da AP-9, e subliñou que a autoestrada está “máis que paga” con todos os beneficios que obtivo a empresa nos últimos anos.

Así respondeu a líder nacionalista a preguntas dos medios nun acto en Vigo, tras confirmarse que a concesionaria reclamará ao Goberno central máis de 1.000 millóns de euros se a Comisión Europea declara ilegal o contrato.

Ana Pontón lembrou que foi un goberno do PP, presidido por José María Aznar e “con Feijóo como conselleiro na Xunta”, o que aprobou a última prórroga da concesión, de 75 anos, “o máximo que permite a lei”. Se esa prórroga non se aprobou, “este ano xa poderiamos circular por unha AP-9 libre de peaxe”, incidiu.

A portavoz nacional do BNG trasladou a súa esperanza de que haxa unha “resolución favorable das institucións europeas” que permita “abrir unha porta para recuperar a titularidade e para o fin da concesión”.

“É evidente que o que levamos pagado en peaxes é un auténtico escándalo. Sería o colmo que Audasa tivese que reclamar nada”, proclamou, e salientou que “hai que traballar para liberar a autoestrada da concesión e as peaxes, e reclamar a súa titularidade para Galicia”.

ÚLTIMAS

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...