InicioSociedadeA xuízo unha muller acusada de falsificar receitas e informes médicos para...

A xuízo unha muller acusada de falsificar receitas e informes médicos para acceder a psicofármacos

A Fiscalía pide para ela unha pena dun ano e 9 meses de prisión, así como unha multa de 1.620 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do Penal 1 de Vigo acollerá este xoves unha vista contra unha muller acusada dun delito continuado de falsidade en documento oficial, por falsificar receitas para conseguir psicofármacos, e para quen a Fiscalía pide un ano e nove meses de prisión.

Segundo o escrito de acusación pública, a muller acudiu a varias farmacias dos partidos xudiciais de Tui e Vigo con receitas falsas co anagrama da Organización Médica Colexial (OMC), e conseguiu facerse con diversos medicamentos, supostamente prescritos por un facultativo: Rubifen, Lorazepam e Elontril.

A Fiscalía tamén lle acusa de falsear un informe médico co membrete do Sergas para acudir logo a centros privados e conseguir máis receitas, ao seu nome ou a nome de terceiros. Por estes feitos, acúsaa dun delito continuado de falsidade en documento oficial e pide para ela unha pena dun ano e 9 meses de prisión, así como unha multa de 1.620 euros.

ÚLTIMAS

A Xunta mobiliza buques, drones e empresas de limpeza tras unha gran mancha de graxa de palma no Porto de Vigo

A Xunta de Galicia activou á primeira hora da tarde o Plan Territorial de...

Novas mobilizacións en centros de Vigo: “a educación é un dereito e non máis recortes”

Membros da comunidade escolar do CEIP A Paz Tintureira de Vigo concentráronse este xoves...

Seguen as críticas cruzadas para que Balaídos sexa sede no Mundial de fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este xoves á Xunta e á Deputación...

Caballero ironiza sobre as vivendas da Xunta en Vigo: “Fan máis visitas que pisos constrúen”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ironizou este xoves sobre a nova visita da...