A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés) celebrou este venres en Vigo o Día de Europa, que se conmemora cada 9 de maio en recordo á Declaración de Schuman, onde se propuxo a creación da Comunidade Europa do Carbón e do Aceiro, xerme da actual Unión Europea.
Ao acto, levado a cabo no Museo do Mar de Galicia, acudiron diferentes representantes das distintas administracións, como a directora executiva da EFCA, Susan Steele; o director xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura, Juan Ignacio Gandarias; a conselleira do Mar, Rosa Quintana; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ou o alcalde olívico, Abel Caballero.
Nel puxéronse en valor as distintas políticas comunitarias postas en marcha para saír da pandemia e lamentouse a situación actual que vive o ‘Vello Continente’ debido á invasión de Ucraína por parte de Rusia. Tamén se criticaron iniciativas como a de vetar a pesca de fondo en augas europeas. encargada de conducir a cerimonia foi a propia Steele, quen destacou o traballo levado a cabo polo seu equipo para o control da pesca comunitaria e agradeceu tanto ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, á Xunta de Galicia, á Deputación e ao Concello a súa colaboración.
Pola súa banda, Gandarias referiuse a a actual situación do sector pesqueiro, que vive “tempos complicados” co aumento dos custos e do prezo da enerxía, ademais das novas políticas impulsadas pola Comisión Europea, que repercuten en determinadas frotas. Precisamente sobre isto falou Rosa Quintana, quen ha volvo a pedir a Bruxelas que cambie de rumbo na xestión pesqueira e evite medidas como o veto a artes de fondo, “que xeran rexeitamento e euroescepticismo”.