InicioSociedadeFolga indefinida nas cociñas dos hospitais para evitar o despedimentos dos empregados

Folga indefinida nas cociñas dos hospitais para evitar o despedimentos dos empregados

A concesionaria admitiu que terán lugar entre 10 e 14 despedimentos para que o servizo sexa rendible.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa do servizo de cociña do tres hospitais públicos de Vigo (Álvaro Cunqueiro, Meixoeiro e Nicolás Pena) anunciou a convocatoria dunha folga indefinida a partir do próximo xoves, día 18 de maio, co obxectivo de reclamar o mantemento de todos os postos de traballo ante a posibilidade de que se produzan despedimentos co cambio de concesión.

Foi o mes pasado cando os traballadores iniciaron un calendario de mobilizacións que continuou este pasado mércores cunha concentración diante do Hospital Álvaro Cunqueiro, despois de que a concesionaria recoñecese que serían necesarios entre 10 e 14 despedimentos nas cociñas para que fose rendible o servizo.

Tras a convocatoria de folga, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) citou ao comité de folga a unha reunión para determinar os servizos mínimos, onde o ente público presentou unha proposta do 100% do cadro do persoal “polo que é imposible realizar a folga, vulnerando así un exercicio fundamental e constitucional“.

Na reunión, a CIG trasladou que o paro só se desconvocará se se garante por escrito que non vai haber despedimentos por parte da concesionaria e da empresa Arcasa, que xestiona o servizo de cociña.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...