InicioEconomíaVinte pemes galegas recibiron formación en sete meses na quinta edición de...

Vinte pemes galegas recibiron formación en sete meses na quinta edición de ViaExterior

O seu paso por ViaExterior permitiulles trazar un plan de internacionalización para cumprir os seus obxectivos de ampliar as súas oportunidades de negocio fóra de España.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, clausurou este venres a quinta edición de ViaExterior, a aceleradora multisectorial para a internacionalización de empresas galegas.

Nesta ocasión, un total de 20 pequenas e medianas compañías recibiron formación individualizada e asesoramento experto durante sete meses para iniciar ou consolidar os seus plans de expansión.

Desde a súa posta en marcha en 2016, o programa apoiou o crecemento de máis dun centenar de empresas galegas, “con máis de 400 horas de formación e 8.000 horas de mentoring”.

Na súa intervención, Regades destacou o “impacto positivo de ViaExterior na saída ao mercado internacional do tecido empresarial galego, clave para o posicionamento exterior da rexión, para o seu crecemento e desenvolvemento económico e, polo tanto, para a xeración de emprego”.

Tamén enxalzou o traballo desenvolvido polas 20 pemes participantes nesta quinta edición do programa. Algunhas de recente creación e outras xa consolidadas, pertencentes a sectores tan diversos como a produción artesanal, os servizos de enxeñaría, os vehículos eléctricos, a fabricación de mobiliario, a alimentación ou o deseño industrial, que tiveron a oportunidade, durante o acto, de presentar os seus proxectos a potenciais investidores e entidades financeiras.

O seu paso por ViaExterior, segundo recolle Zona Franca nun comunicado, permitiulles trazar un plan de internacionalización para cumprir os seus obxectivos de ampliar as súas oportunidades de negocio fóra de España, minimizando os riscos e reducindo os tempos e custos de investimento.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...