InicioVigo e contornaVigoO BNG reclama retirar a indicación para atención de urxencias pediátricas por...

O BNG reclama retirar a indicación para atención de urxencias pediátricas por teléfono na área de Vigo

A portavoz de sanidade do BNG, Montse Prado, esta orde "non é unha ocorrencia de última hora" senón a "folla de ruta" que o PP para o "desmantelamento da Atención Primaria".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG rexistrou unha batería de iniciativas no Parlamento galego para esixir a Sanidade explicacións pola “intolerable” indicación trasladada á profesionais da área sanitaria de Vigo para derivar a Enfermaría e a atención telefónica as urxencias de nenos que chegan a centros de Atención Primaria onde non hai pediatras.

Segundo explicou en rolda de prensa a portavoz de sanidade do BNG, Montse Prado, esta instrución debe ser “retirada” e non só “matizada”, como apuntou o Servizo Galego de Saúde (Sergas), e sinalou que este modo de proceder “pon en risco” non só aos menores, senón tamén aos profesionais, que non teñen “soporte legal” para traballar así.

Segundo Prado, esta orde “non é unha ocorrencia de última hora” senón o resultado da “folla de ruta” que o PP aplica desde hai anos na súa política de “desmantelamento da Atención Primaria” para “favorecer o negocio privado”. “Ultimamente o PP está a exceder todas as liñas vermellas”, apuntou.

Por iso, os nacionalistas pedirán no Parlamento que se retire a instrución e que ademais se adopten as medidas necesarias para “garantir a atención de nenos e nenas en calquera centro de saúde por un especialista, un pediatra”. O BNG tamén instará a Xunta a informar o número de pediatras que están a exercer en Galicia, que cota teñen, cantas prazas están sen cubrir ou cantos pediatras están próximos a xubilarse.

Pola súa banda, o concelleiro e candidato á alcaldía de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, denunciou que “unha vez máis” a área sanitaria convértese na “zona cero” dos recortes do Sergas, esta vez cun “castigo sádico” a unha poboación vulnerable como son os nenos.

O edil vigués lembrou que hai máis de 3.600 menores na área de Vigo sen pediatra asignado, e advertiu de que a instrución dada suporá colapsar as urxencias hospitalarias e os puntos de atención continuada (PAC).

EXPLICACIÓN DO SERGAS

Fontes da área sanitaria de Vigo consultadas por Europa Press cando se coñeceu este protocolo defenderon que é “unha guía de actuación” para casos “urxentes” de menores que chegan ao centro de saúde “sen cita”.

A intención, aseguraron estas fontes, é “garantir que nenos que van por urxencias sexan valorados por un profesional sanitario” a pesar da ausencia do pediatra, sexa por un médico de familia ou por un enfermeiro.

Ademais, insisten en que “non hai pediatras en paro” agora mesmo en Galicia, polo que esta guía pretende “garantir a asistencia” aos nenos sen cambiar “ningún circuíto asistencial” xa establecido no Sergas.

ÚLTIMAS

O Goberno vigués veta unha declaración institucional para pedir a fin das peaxes na AP-9

O goberno municipal de Vigo vetou este mércores unha proposta de declaración institucional, promovida...

Detidos mentres tentaban recuperar 80 quilos de coca nun colector en Vigo

Unha operación conxunta levada a cabo por axentes da Garda Civil e funcionarios de...

Luisa Sánchez asume o control do PP en Vigo para ser “alternativa” nas eleccións de 2027

A presidenta do PP de Vigo asumirá nos próximos días a portavocía do grupo...

Un axente en prácticas salva do afogamento a un vendedor de drogas que caeu no porto ao tentar fuxir

A Policía Nacional detivo nos últimos días a tres persoas en Vigo tras desarticular...