InicioSociedadeInvestigadores de 18 países abordan en Vigo o papel da hibridación na...

Investigadores de 18 países abordan en Vigo o papel da hibridación na biodiversidade e a conservación

Os investigadores advertiron de que os híbridos "representan na maioría dos casos serias ameazas para os ecosistemas"

PUBLICADO O

- Advertisement -

Investigadores de 18 países participan este martes e este mércores no campus de Vigo nun ‘workshop’ sobre o papel da hibridación na biodiversidade, a conservación e os ecosistemas, nunha reunión enmarcada no proxecto G-Bike, unha rede internacional composta por máis de 120 científicos de 42 países.

Este proxecto ten como finalidade avanzar no coñecemento e no desenvolvemento de métodos e ferramentas para avaliar, monitorar e xestionar a diversidade xenética, para así preservar a resiliencia e o potencial adaptativo das especies.

A Universidade de Vigo está representada en G-Bike (un proxecto que arrincou en 2019 e que acabará o próximo outono) polo Grupo de Xenética de Poboacións e Citogenética do CIM-UVigo, polos investigadores Armando Caballero, Pomba Morán, Emilio Rolán-Alvarez, Anxo Pérez Diz e Juan Galindo.

Galindo explicou que hai “un gran interese” dos científicos pola “resiliencia dos ecosistemas” debido, entre outras cousas, aos cambios rápidos que están a sufrir eses ecosistemas debido a factores como a contaminación, a perda de hábitats, o cambio climático ou a acidificación dos océanos.

“Un ecosistema resiliente require da capacidade adaptativa das especies que o compoñen aos cambios que se producen”, explicou, e engadiu que a diversidade xenómica dunha especie ou poboación “é fundamental desde o punto de vista da súa conservación”.

Os investigadores apuntaron que debe avanzarse cara a unha “estandarización de protocolos” para detectar e monitorar a diversidade xenética” e é nese contexto no que traballa G-Bike para axudar aos científicos da UE a “integrar o coñecemento xenético e evolutivo nas políticas de planificación da conservación” e a promover a xestión transfronteiriza e os programas de seguimento a longo prazo.

No ‘workshop’ que se celebra na Facultade de Bioloxía do Campus de Vigo participan 38 investigadores de Albania, Alemaña, Austria, Bélxica, Bosnia-Herzegovina, Bulgaria, Dinamarca, Eslovenia, Francia, Grecia, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, Serbia, Suíza, Turquía e España.

Os investigadores advertiron de que os híbridos “representan na maioría dos casos serias ameazas para os ecosistemas e, por tanto, para a conservación da biodiversidade”. Unha gran parte deses procesos de hibridación danse entre xabaríns e porcos domésticos, pero outros están relacionados co cambio climatico, que afecta á distribución das especies, e fai que algunhas que antes non estaban en contacto agora si o estean e poidan chegar a hibridar.

Con todo, a hibridación tamén pode ter efectos beneficiosos, como o carácter adaptativo que adquiren algunhas especies, por exemplo, cando desenvolven unha resistencia á seca.

ÚLTIMAS

San Simón

​O exitoso lanzamento da película "San Simón" volveu poñer na axenda os crimes do...

Esquerda Unida apoia declarar o aeroporto de Peinador como Lugar de Memoria Democrática

Esquerda Unida de Vigo mostrou o seu apoio á solicitude de Sumar para que...

Aparece con vida e a 400 metros da súa casa o home desaparecido o luns no Porriño

Un veciño de 67 anos que faltaba do seu domicilio desde o mediodía do...

Multa de 2.000 euros a un matrimonio por educar ao seu fillo de nove anos en casa en Gondomar

O Xulgado do Penal número 1 de Vigo condenou a pagar 1.080 euros a...