InicioCulturaA Escola de Enxeñaría Aeronáutica da UVigo mostrará en Galiciencia como funcionan...

A Escola de Enxeñaría Aeronáutica da UVigo mostrará en Galiciencia como funcionan os drones aos máis novos

O evento celebrará a súa 18ª edición o 10, 11 e 12 de maio

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo (UVigo) colaborará coa feira científica Galiciencia, onde mostrará aos máis pequenos como funcionan os drones, a propulsión dos foguetes ou o desenvolvemento de minisatélites.

O evento, que celebrará a súa 18ª edición o 10, 11 e 12 de maio coa temática ‘Aeronáutica e Aeroespacial’, busca achegar a ciencia aos estudantes de Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Bacharelato.

Así, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica achegará varios membros do xurado encargado de elixir os proxectos gañadores desta edición e instalará unha caseta propia no que os mozos do centro van mostrar aos participantes algunhas das accións que realizan. Ademais, a UVigo tamén colaborará con Galiciencia a través do Instituto de Investigación Universitario en Física e Ciencia Aeroespacial.

Neves Lorenzo, profesora e secretaria da Escola de Enxeñaría Aeronáutica, destacou que no centro están a traballar na incorporación das mulleres ás enxeñarías. Como responsable de Igualdade, puxo en valor que o grao de Enxeñaría Aeroespacial logrou que o 45% dos alumnos de primeiro anos sexan mulleres.

“O grao é moi interesante xa que forma profesionais capacitados para exercer nun sector emerxente. A industria aeroespacial ten pouco máis de 100 anos, pero impulsou moitas das revolucións tecnolóxicas do século XX”, engadiu.

ÚLTIMAS

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...