InicioSucesosDetido en Vigo por embestir deliberadamente coa súa moto a un familiar,...

Detido en Vigo por embestir deliberadamente coa súa moto a un familiar, circulando baixo os efectos do alcol

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, S.E.R., de 24 anos de idade e natural de Colombia, como presunto autor dun delito de homicidio en grao de tentativa e ameazas, tras atropelar deliberadamente a un familiar coa súa moto, que conducía baixo os efectos do alcol.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da mañá do pasado domingo, cando unha patrulla que circulaba pola rúa García Barbón sorprendeu a un home empuxando pola beirarrúa unha motocicleta, que presentaba un forte impacto frontal.

Ao preguntarlle, o mozo respondeu que un familiar seu tivera un accidente con ela, e que chocara contra un semáforo. Pouco antes, os axentes atopáronse con outro home, acompañado de dúas mulleres e que presentaba un estado de nerviosismo.

Sospeitando que podería tratarse do home accidentado, a Policía foi na súa busca e localizouno. Este home explicou aos funcionarios que, pouco antes, un familiar seu (o identificado empuxando a moto), co que mantén unha mala relación por problemas de convivencia, tentara arroialo a el e a unha das mozas.

Ao ver que se lles botaba encima, o mozo apartou ao seu acompañante, e recibiu o impacto da motocicleta. Así, presentaba lesións na perna esquerda, brazo dereito e na caluga. Os axentes abordaron novamente ao sospeitoso e informáronlle de que sería detido, momento no que reaccionou de forma violenta, proferindo ameazas graves contra o seu familiar atropelado. Por estes feitos foi detido.

Ademais, abríronse dilixencias de denuncia e foi proposto para sanción porque o mozo foi sometido a unha proba de alcoholemia e arroxou resultado positivo de 0,44 e 0,41 mg/l.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...