InicioPolíticaVázquez Almuíña cesa como presidente do Porto de Vigo

Vázquez Almuíña cesa como presidente do Porto de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición deste luns o cesamento “a petición propia” de Jesús Vázquez Almuíña como presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.

A orde, asinada pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, dispón que Vázquez Almuíña cesará como presidente do Porto “con efectos do día 20 de abril de 2023” (tal e como adiantou o propio Vázquez Almuíña nunha rolda de prensa o pasado venres) e agradécelle “os servizos prestados.

O aínda presidente portuario confirmou a pasada semana que este xoves será o seu último día á fronte do organismo, e desde ese momento pasará a centrarse no seu papel como candidato á Alcaldía de Baiona polo PP. E todo iso, explicou, a pesar de que dispón dun informe da Avogacía do Estado que avala a posibilidade de que siga sendo presidente do Porto ata despois das eleccións municipais do 28 de maio.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...