InicioVigo e contornaVigoO complexo de Vialia en Vigo queda sen subministración eléctrica pola avaría...

O complexo de Vialia en Vigo queda sen subministración eléctrica pola avaría dun cable subterráneo

O fume que saía da arqueta fixo saltar as alarmas ao mediodía deste xoves, e ata o lugar desprazáronse efectivos do servizo extinción, así como persoal de Naturgy, para "illar" a avaría.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha avaría nunha arqueta provocou un incendio afectando a un cable subterráneo e deixou sen subministración eléctrica o centro Vialia de Vigo, e varias rúas, segundo confirmaron fontes de Naturgy e dos bombeiros de Vigo.

O fume que saía da arqueta fixo saltar as alarmas ao mediodía deste xoves, e ata o lugar desprazáronse efectivos do servizo extinción, así como persoal de Naturgy, que están a traballar para “illar” a avaría.

Fontes da empresa informaron de que a avaría mantén sen subministración ao complexo intermodal e comercial, e tamén están afectadas “rúas contiguas”. “Os técnicos traballan para restablecer o servizo canto antes”, engadiron.

O incidente ocasionou algúns problemas de tráfico pero non se rexistraron danos persoais.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...