InicioSucesosDetido en Vigo un mozo por abrirlle a cabeza a un home...

Detido en Vigo un mozo por abrirlle a cabeza a un home dándolle cun monopatín

Foi sobre as 20,20 horas cando os axentes recibiron unha alerta informando de que se estaba producindo unha liorta na rúa Conde Torrecedeira na que estaban involucrados varios menores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local detivo este martes a un mozo, E.C.C. de Bolivia e 30 anos de idade, tras supostamente abrirlle a cabeza a outro home cun monopatín.

Foi sobre as 20,20 horas cando os axentes recibiron unha alerta informando de que se estaba producindo unha liorta na rúa Conde Torrecedeira na que estaban involucrados varios menores.

Unha vez alí, os funcionarios localizaron ao agora detido, que afirmou ser golpeado na mandíbula por outra persoa.

O seu suposto agresor, de 50 anos, atopábase a escasos metros. Antes de proceder á súa identificación, os funcionarios observaron que presentaba unha ferida sanguenta na cabeza, a cal contiña presionando unha peza de vestir e estaba rodeado de varios menores.

“Todo parece indicar que o primeiro home identificado (agora detido) estaba a increpar aos menores, motivo polo cal o segundo saíu en defensa dos mesmos. Como non corrixía a súa actitude, propinoulle un bofetón no rostro, sendo como resposta violentamente golpeado na cabeza cun monopatín”, explica a Policía Local nun comunicado.

Por iso, pediuse asistencia sanitaria para o ferido, que presentaba unha ferida desde a fronte ata a parte posterior da cabeza co óso á vista. Ademais, procedeuse á detención do mozo pola suposta comisión dun delito de lesións.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...