InicioSociedadeO Concello de Vigo, multado con máis de 27.000 euros polas obras...

O Concello de Vigo, multado con máis de 27.000 euros polas obras no novo parque de bombeiros de Coruxo

As instalacións, situadas na antiga EDAR, terán que ser repostas ao seu estado anterior

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) resolveu un procedemento sancionador contra o Concello de Vigo polas “actuacións abusivas” levadas a cabo na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, polo que a entidad local terá que pagar unha multa de máis de 27.000 euros e repor as instalacións como estaban previamente.

En concreto, trátase do edificio onde estaba a antiga EDAR, remodelado sen autorización previa en materia de costas para situar aí o novo parque de bombeiros de Coruxo. Neste documento, a APLU finaliza o expediente aberto tras ser interposta unha denuncia en abril de 2021, despois de que o Concello instalase o parque de bombeiros municipal no número 180 da Avenida Ricardo Mella.

Así, ocupaban as antigas instalacións da depuradora de augas residuais, sen actividade desde 2017. Para iso, levaron a cabo obras na zona, que agora se catalogan como “abusivas” por levarse a cabo sen os permisos necesarios, ao estar situadas en zona de protección marítima-terretre.

“No exercicio das competencias que lle corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia para impor a obrigación de restitución das cousas e reposición ao seu estado anterior, coa indemnización dos danos irreparables e perdas causadas, no caso de obras e actuacións contrarias ao disposto na lexislación en materia de costas realizadas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, deberá producirse dentro dun prazo de quince anos, a contar desde a terminación das obras contrarias á legalidade”, explica o documento. Desta maneira, o Concello terá que desmantelar o parque de Bombeiros alí instalado e recuperar as antigas instalacións.

“IMPRUDENCIA PERMANENTE”

Non tardaron en chegar reaccións respecto diso. Así, Marea de Vigo considerou “gravísima” a resolución da APLU, criticando que o Concello actúe con “imprudencia permanente” en materia de costas.

“Existen exemplos de actuacións públicas e privadas dentro da servidume de protección de costas das que non consta (autorización) nin do Ministerio nin de Costas. Desde movementos de terra como o de Cabo Estai ata actuacións de obras menores en praias como a da Calzoa das que a pesar de requirirse información da autorización por parte de Marea de Vigo, existe un silencio sospeitoso por parte do goberno local”, lamentou o portavoz, Rubén Pérez.

El lembrou que tanto sindicatos como a oposición xa alertaron de que esta actuación na antiga EDAR podía ser ilegal. “Primeiro, porque estas instalacións de Coruxo foron escusa para mobilizar recursos do remanente coa xustificación de crear un auditorio municipal e que finalmente o uso era diferente”, asegurou.

Ademais, explicou que a isto se unía que as obras levaban a cabo en territorio protexido por costas “sen que existise constancia de legalidade”. Tamén o portavoz do BNG, Xavier Pérez Igrexas, esixiu ao alcalde, Abel Caballero, que “dea a cara e asuma responsabilidades políticas”. “Estamos ante o risco real de que a xestión caprichosa, irresponsable e ilegal do goberno de Caballero deixe a cidade con só un parque de bombeiros, provocando unha situación de evidente inseguridade”, lamentou.

Na mesma liña falou Comisións Obreiras (CC.OO.) que, nun comunicado, pediu responsabilidades “políticas, económicas e persoais”, despois de todos os requirimentos levados a cabo polo sindicato para pedir información sobre esta actuación que agora se declara ilegal.

ÚLTIMAS

Vigo sen Bombeiros manifestarase este sábado para volver reclamar máis efectivos tras a morte de Sergio S.D.: “Xa se pagou un prezo moi caro”

A plataforma Vigo sen Bombeiros convocou unha manifestación para este sábado, ás 19.00 horas na Praza...

A Xunta critica ao Concello de Vigo por non poñer buses lanzadeira a Lavacolla

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destacou este mércores a "resposta...

Entradas para o Galicia-Panamá se doas sangue

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Real Federación Galega de Fútbol volverán desenvolver...

Adxudicado pola vía de emerxencia o servizo de transporte sanitario urxente da área a Emerxencias Sanitarias-Saluser

A Xunta, a través da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, adxudicou o servizo de transporte sanitario...