InicioSociedadeA Universidade de Vigo ofertará o curso próximo máis de 5.600 prazas...

A Universidade de Vigo ofertará o curso próximo máis de 5.600 prazas de grao

Aumentarán as súas prazas os graos de Relacións Laborais e Recursos Humanos, Comunicación Audiovisual, e Enfermaría en Povisa

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou este xoves por asentimiento, e a falta da resolución da Secrearía Xeral de Universidades da Xunta, un límite de prazas de novo ingreso para o curso 2023-24 de 3.848 para titulacións de grao (57 máis que este curso) e un límite de 1.176 prazas para titulacións de máster (26 máis).

As principais novidades nos límites de prazas de titulacións de grao corresponden á implantación dos graos en Deseño (45 prazas) e o dual en Enxeñaría da Automoción (20 prazas), así como aos programas de simultaneidade (PCEO) en Enxeñaría Agraria e Ciencias Ambientais, e en Enxeñaría Agraria e Tecnoloxía dos Alimentos. Cada un dos PCEO terá 9 prazas, que se restan aos graos de Enxeñaría Agraria (8), Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos (5) e Ciencias Ambientais (5).

O próximo curso tamén aumentarán as súas prazas os graos de Relacións Laborais e Recursos Humanos, Comunicación Audiovisual, e Enfermaría en Povisa (se así o acorda o Consello de Coordinación de Docencia Clínica en Galicia).

Por outra banda, algunhas titulacións verán reducidas as súas prazas, como o grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos, e o grao en Enxeñaría Biomédica; mentres que o grao en Dereito manterá os seus 70 prazos (aínda que solicitara 10 máis)

MÁSTERES

Con respecto aos máster, o Consello aprobou a oferta de prazos para catro novos títulos que están pendentes de verificación: máster en Enxeñaría Aeronáutica (30 prazas), máster en Xestión Sustentable da auga (10 prazas), máster en Fabricación Aditiva (10 prazas) e máster en Ciencia e Tecnoloxías da Información Cuántica (8 prazas).

O órgano de goberno da Universidade de Vigo tamén deu luz verde, entre outras cuestións, ao regulamento de réxime interno do Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais, que iniciou a súa actividade a principios de marzo; e aprobouse a suspensión de actividade do Instituto de Electrónica Aplicada.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...