InicioSucesosFerida unha muller tras caer desde un segundo piso mentres limpaba os...

Ferida unha muller tras caer desde un segundo piso mentres limpaba os cristais

A alerta recibiuse pouco antes das 11,00 horas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller resultou ferida este xoves na cidade de Vigo tras caer a un patio interior desde un segundo piso mentres limpaba os cristais dunha xanela. Segundo a información do CIAE 112-Galicia, a alerta recibiuse pouco antes das 11,00 horas, cando unha veciña que viu o sucedido chamou para pedir axuda.

O accidente tivo lugar na Rúa Pateira, na parroquia de Lavadores. Ata alí mobilizáronse efectivos de Policía Nacional e Local, así como persoal sanitario do 061.

RESCATE EN FERROL

Por outra banda, o 112 Galicia informou do rescate efectuado tamén este venres a unha muller que se caeu dentro do seu domicilio en Ferrol e non podía moverse.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...