InicioCulturaVinte anos de "agroglamour" co Festival de Cans que se inauguran coa...

Vinte anos de “agroglamour” co Festival de Cans que se inauguran coa estrea de ‘Honeymoon’

O filme é un traballo do director Enrique Otero, e con actores como Javier Gutiérrez, Natalie Poza e María Vázquez.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O festival de Cans celebra este 2023 a súa vixésima edición, unha data especial para a que a organización prepara sorpresas e “reencontros con vellos amigos” que se irán desvelando “aos poucos”. Entre elas xa confirmaron a estrea en Galicia de ‘Honeymoon‘, do director Enrique Otero, e con actores como Javier Gutiérrez, Natalie Poza e María Vázquez.

Este xoves a organización presentou oficialmente a XX edición en Santiago de Compostela coa participación do director do festival, Alfonso Pato; Pablo Rodríguez, de Reizentolo; Enrique Otero; a actriz María Vázquez, e a Señora Alicia, que con 95 anos é a veciña máis lonxeva da aldea do Porriño que colabora co festival.

Ademais de anticipar a estrea de ‘Honeymoon’, que se proxectará o 18 de maio, e o coloquio que se celebrará durante a mañá do venres seguinte co director e Javier Gutiérrez, entre outros, Pato destacou tamén que este ano o festival amplía a súa programación, pasando de catro a cinco días (do 16 ao 20 de maio).

Retomarase tamén a parte “máis educativa”, que quedou suspendida en edicións anteriores polas restricións ante a Covid-19, con visitas de escolares, “que sempre lle dan outra vida á aldea”, entregarase un premio de honra e celebrarase unha xornada especial polo Día das Letras Galegas, “cunha programación moi intensa que se irá anunciando”.

O obxectivo, resumiu o director do festival, nesta edición tan sinalada é “reunir a vellos amigos” do certame, “xente á que lle perdemos a pista e que están con proxectos moi interesantes”. Un deses vellos amigos, como el mesmo definiuse, é Enrique Otero, que xa participado en Cans como DJ, como cortometrajista, como xurado. “Considérome moi fillo de Cans, así que é moi especial”, comentou.

Para María Vázquez, recentemente galardoada coa Biznaga de Prata no Festival de Málaga polo seu papel en Matria, tamén é “moi especial” participar no festival e “unha honra” actuar en Honeymoon. “Represéntame moito este festival, o agroglamour. Eu que sempre fuxo dese glamour que define á miña profesión”, sinalou a actriz galega.

IMAXE GRÁFICA

Segundo explicou Pablo Rodríguez, precisamente o concepto de ‘agroglamour’ tan “representativo e icónico” do festival é o que buscan reivindicar coa imaxe gráfica da XX edición, con “brochazos” –“tal e como se faría e as aldeas”– como elemento principal xunto aos xa míticos ‘chimpíns e galpóns’. Ademais, avanzou que a marca tamén prepara sorpresas para o festival, ao cumprir tamén 20 anos.

Nesa mesma liña expresouse tamén o director do festival. “Ese andar por casa, esas imperfeccións son as que reivindicamos. Fuximos desa palabra que é a excelencia e a perfección”, apuntou.

A primeira quenda de camisetas e entradas estará á venda desde leste mesmo xoves na tenda en liña do festival. Será un pack de entrada, camiseta, chapa de edición limitada e catálogo do festival cun prezo de 20 euros para os primeiros 300 compradores. Estes packs poderán recollerse nas tendas de ReiZentolo ou no propio festival.

ÚLTIMAS

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...

Abel Losada acusa ao PP de “mentir” sobre a seguridade en Vigo e defende a actuación policial en Cabral

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra o Partido Popular tras...

Luz verde ambiental ao PERI da antiga fábrica de Álvarez en Cabral: deberá conservar a antiga fábrica e a cheminea

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o informe ambiental estratéxico do...