InicioMovementos SociaisFalece o expresidente do Banco de Alimentos de Vigo, Pedro Pereira

Falece o expresidente do Banco de Alimentos de Vigo, Pedro Pereira

Foi en xuño de 2021 cando Iván Martínez o relevou no posto. Precisamente o actual presidente só tivo palabras de agarimo e afecto cara a Pereira, subliñado a súa valía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Banco de Alimentos de Vigo chora este mércores polo falecemento do seu expresidente Pedro Pereira, vinculado á Fundación desde facía máis de 16 anos. A organización destacou o “compromiso” de Pereira, xa que o seu “liderado e exemplo de entrega” serviron de “referencia” para os actuais voluntarios.

Pedro Pereira asumiu o cargo de presidente do Banco de Alimentos en setembro de 2012, substituíndo ao tamén falecido José Antonio Vieira. El pasou polas tres sedes que tivo a entidade, desde cálea Piñeiro, ata a nave de San Pedro de Sárdoma e a actual en Lavadores.

Foi en xuño de 2021 cando Iván Martínez o relevou no posto. Precisamente o actual presidente só tivo palabras de agarimo e afecto cara a Pereira, subliñado a súa valía.

“El foi quen me ensinou todo sobre os Bancos de Alimentos. Foi un auténtico privilexio poder traballar de xeito conxunto con el”, reivindicou Martínez.

ÚLTIMAS

Eiras ten auga de calidade ata o 26 de novembro, a partir de aí “pode haber incidencias”, segundo Caballero

alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu alertar este luns do baixo nivel de ocupación...

Abel Caballero denuncia que a Deputación “estafa” a Vigo e que son “mentira” os investimentos prometidos na cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este luns que a Deputación "estafa" a...

Responsables do Golf Ría de Vigo negan fraude de case 1,5 millóns a Facenda

A muller do responsable do club de golf Ría de Vigo, acusado de varios...

“Queremos outra sanidade”, SOS Sanidade Pública manifestarase este mércores en Vigo

SOS Sanidade Pública anunciou que volverá manifestarse en Vigo o vindeiro mércores, día 4...