InicioSociedadePiden 3 anos de cárcere para o condutor que se estrelou contra...

Piden 3 anos de cárcere para o condutor que se estrelou contra un muro en Vigo, causando a morte ao seu acompañante

A Fiscalía atribúelle un homicidio imprudente e un delito de condución a velocidade excesiva

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide 3 anos de prisión por un homicidio imprudente para un mozo condutor novel que, o 20 de novembro de 2021, tivo un accidente de tráfico no que o seu acompañante, unha moza de 18 anos de idade, resultou ferida moi grave e acabou falecendo días despois. O mozo será xulgado este mércores na sala do Penal 3 de Vigo.

Segundo o escrito de acusación pública, o día dos feitos o acusado conducía o seu coche en sentido descendente polo camiño Regoufe en Candeán. Trátase dunha vía de dobre sentido, cunha limitación de velocidade máxima de 30 quilómetros por hora, pero o condutor circulaba a máis de 97 quilómetros por hora.

A Fiscalía sinala que, ao saír dunha curva, o mozo viu que, no cruzamento coa rúa da Rabadeira, había un colector metálico cun volquete de obra, estacionado de maneira que ocupaba parte do carril de circulación. Ante ese obstáculo, realizou un xiro brusco e pisou o freo, debido á súa inexperiencia como condutor (tiña o carné desde facía 9 meses).

O coche comezou a virar sobre o seu eixo e derrapou de xeito descontrolado a longo de varias ducias de metros, chocando primeiro contra a base de cemento dun elemento de iluminación e rebotando logo para encaixarse nun muro de peche de granito.

Como consecuencia do gran impacto, a estrutura metálica do frontal lateral dereito do coche introduciuse no vehículo, golpeando na cabeza á moza que viaxaba como acompañante. Debido ás gravísimas lesións que sufriu a rapaza, acabou falecendo días despois no hospital.

DELITOS E PENA

A Fiscalía considera ao acusado autor dun delito de condución a velocidade excesiva, e un delito de homicidio por imprudencia grave, e pide que sexa condenado a 3 anos de prisión. Tamén reclama que se lle retire o permiso de conducir durante 6 anos e que indemnice aos pais e á irmá da vítima en cantidades que suman algo máis de 175.000 euros.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...