InicioSociedadeVitrasa contrata 20 novos condutores indefinidos tras unha denuncia da CIG

Vitrasa contrata 20 novos condutores indefinidos tras unha denuncia da CIG

Foi a CIG quen denunciou o ano pasado o "exceso de xornada" na compañía

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección sindical da CIG en Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo, celebrou este luns que a compañía confirmase que procederá a contratar de forma indefinida a 20 novos condutores tras unha denuncia ante Inspección de Traballo.

Segundo informou a organización sindical nun comunicado, foi a CIG quen denunciou o ano pasado o “exceso de xornada” na compañía, cifrando nunhas 50.000 horas as que o conxunto do persoal facía a maiores cada ano, sumando horas extraordinarias e descansos traballados.

A finais de 2022 a autoridade laboral emitiu unha resolución na que lle requiría á compañía a contratación de novo persoal para evitar estes “excesos”, polo que agora levarán a cabo ditas contratacións.

Por iso, a CIG trasladou a súa satisfacción e destacou a “felicidade” que supón o feito de que “20 novas familias vaian ter un emprego para poder gañarse a vida nestas circunstancias tan duras de subida de prezos e de encarecemento da enerxía e dos combustibles”.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...