InicioCulturaA Orquestra Clásica de Vigo interpretará a banda sonora de 'Canto...

A Orquestra Clásica de Vigo interpretará a banda sonora de ‘Canto de emigración’

'Canto de emigración' é un traballo de investigación e reconstrución dirixido polo cineasta Pepe Coira

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Orquestra Clásica de Vigo retoma este sábado, 25 de marzo, a tempada ‘Escoitas’ cun concerto no que interpretará en directo a banda sonora da película ‘Canto de emigración’, a reconstrución feita por Pepe Coira, que será proxectada por primeira vez en Vigo. A cita será ás 20,30 horas no auditorio do Teatro Afundación.

‘Canto de emigración’ é a imaxinación da película perdida de Antonio Román, “obra única e vangardista do patrimonio cinematográfico galego”. No ano 1935 estreábase en Madrid a primeira película do director ourensán, unha peza de 20 minutos realizada “a modo da vangarda socialista” que retrataba “a dureza do traballo no campo e o drama da emigración” seguindo como fío condutor da música do compositor tudense Teódulo R. Páramos.

Esta película perdeuse tras a guerra e na actualidade o material localizado son cartas, o guión, entrevistas en revistas da época, dúas fotogramas e o manuscrito da partitura orixinal, conservado pola familia do compositor.

Así, ‘Canto de emigración’ é un traballo de investigación e reconstrución dirixido polo cineasta Pepe Coira no que se busca chegar á imaxe a través dos vestixios existentes, “empregando a partitura como fonte principal”.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...