InicioSucesosInvestigan a aparición dunhas pintadas contra o goberno municipal en Ponteareas

Investigan a aparición dunhas pintadas contra o goberno municipal en Ponteareas

Piden colaboración cidadá para identificar aos autores dos danos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Ponteareas investiga os danos causados en diferentes bens municipais a través dunhas pintadas en contra do goberno local na que se pode ler: “bnegallos dimisión”.

Estes actos vandálicos foron realizados no edificio do Concello, catalogado por Patrimonio, así como en xardineiras de granito situadas na Praza de Bugallal. Segundo indicou o Concello nun comunicado, todas as pintadas corresponden, aparentemente, á mesma autoría.

O goberno municipal do BNG-PSOE pediu colaboración cidadá para identificar á persoa ou persoas responsables dos danos e lembrou que “este tipo de accións supoñen, ademais dunha deterioración de bens públicos, un gasto para a súa limpeza que acaban pagando todos os veciños cos seus impostos”.

Os responsables públicos indicaron que todas as críticas “son lexítimas”, pero que a liberdade de expresión “non ampara actos de vandalismo nin danos nos bens públicos”.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...