InicioPolíticaO BNG pedirá explicacións á Xunta e ao Concello tras a morte...

O BNG pedirá explicacións á Xunta e ao Concello tras a morte de varios animais en VigoZoo

Denuncia o "silencio tan atronador como intolerable" do goberno municipal, tras máis de 10 días desde que se solicitase a documentación do tema e as explicacións

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) levará ao Parlamento de Galicia a morte de varios animais en VigoZoo, ante os novos indicios que apuntan ao envelenamento como causa do falecemento.

Así, a organización política anunciou unha batería de iniciativas para esixir á Xunta e ao Concello olívico que aclaren as actuacións realizadas tras facerse públicas as novas sospeitas sobre incumprimentos na conservación da fauna.

O Bloque pretende que o Executivo autonómico dea conta das xestións da Consellería de Medio Ambiente tras coñece que os servizos de Patrimonio Natural da Xunta contan con evidencias que sinalan o “envelenamento por matarratóns” como motivo das mortes.

“Se a Xunta ten indicios de que as condicións da fauna non están a ser as adecuadas, non os pode deixar correr e ten que actuar”, reivindicou a deputada Carmela González, que pediu tamén a implicación do Goberno galego para iniciar un proceso de transformación de VigoZoo “deixando atrás o actual sistema exhibicionista e avanzalo cara un espazo de conservación de fauna e sensibilización ambiental”.

Na mesma liña falou o portavoz do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, que denunciou o “silencio tan atronador como intolerable” do goberno municipal, tras máis de 10 días desde que se solicitase a documentación do tema e as explicacións sobre a “grave” situación dos animais baixo custodia do Concello.

ÚLTIMAS

​Pérez Esquivel, Beiras, Ferrín ou Ramonet apoian unha campaña pola liberdade de Nicolás Maduro

Destacadas personalidades como Xosé Manuel Beiras, Méndez Ferrín e o Nobel Adolfo Pérez Esquivel...

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...

Carmen García Mateo e Belén Rubio dispútanse este venres o Reitorado da Universidade de Vigo

Carmen García Mateo e Belén Rubio mediranse este venres na segunda volta das eleccións...

Casa 47 sortea 67 vivendas en Vigo a un prezo de alugueiro medio de 662 euros ao mes

Casa 47 sorteou este xoves ante notario as 171 vivendas da convocatoria piloto de...