InicioSociedadeO goberno de Vigo prevé ter lista a reforma da Avenida de...

O goberno de Vigo prevé ter lista a reforma da Avenida de Madrid a metade do mandato próximo

Abel Caballero asegurou que o proxecto non acumula máis atraso que o derivado da propia decisión municipal

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo espera ter terminada a reformar da Avenida de Madrid a metade do mandato que vén, unha obra cun investimento duns 15 millóns de euros, dos que o Goberno de España “porá 10 millóns”.

Así o trasladou en rolda de prensa o alcalde da cidade, Abel Caballero, quen asegurou que o proxecto non acumula máis atraso que o derivado da propia decisión municipal de pospor o inicio das obras ata que se terminen os traballos na contorna do centro Vialia e en Gran Vía.

O alcalde insistiu en que se renovará o convenio co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para levar a cabo esa obra, que se executará en dous tramos: o que vai desde praza de España á antiga estación de buses, e outro desde ese punto ata a altura do Seminario.

Sobre os prazos, Abel Caballero non fixou data concreta de inicio das obras, aínda que apuntou que estará terminada no seguinte mandato. “Gustaríame que a finais de 2025”, engadiu, á vez que lembrou que, nese momento, el seguirá sendo rexedor olívico.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...