InicioPolíticaPublicada a aprobación da execución da segunda fase da Avenida de Galicia

Publicada a aprobación da execución da segunda fase da Avenida de Galicia

Suporá un investimento de 4,1 millóns de euros

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, publicou este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do proxecto de construción das obras da segunda fase do proxecto de humanización da Avenida de Galicia de Vigo.

Tal como informou a Xunta, esta acción completará a remodelación do viario para os veciños da parroquia viguesa de Teis e suporá un investimento de 4,1 millóns de euros.

A súa publicación no DOG recolle o acordo aprobado na reunión do Consello da Xunta do pasado 23 de febreiro, no que tamén foi aprobado o trámite de información publica desta nova intervención, que ten como obxectivo fomentar a mobilidade sustentable na zona.

O departamento de Infraestruturas prevé licitar as obras este mes para que dean comezo os traballos en outubro. A actuación ten un prazo de execución de 14 meses.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...