InicioCulturaPrimeiros artistas confirmados para o Festival Terraceo

Primeiros artistas confirmados para o Festival Terraceo

Contará na súa programación con artistas como Depedro, Julieta Venegas, Glenn Hughes ou Boyanka Kostova

PUBLICADO O

- Advertisement -

A terraza do Auditorio Mar de Vigo acollerá, desde maio, unha nova edición do Festival Terraceo, que contará na súa programación con artistas como Depedro, Julieta Venegas, Glenn Hughes ou Boyanka Kostova.

A cuarta edición deste evento comezará o 12 de maio, coa actuación de Depedro, que acaba de publicar o seu traballo ‘Antes de que Anochezca’, o seu primeiro álbum en directo coa colaboración de músicos como Luz Casal, Amparanoia ou Iván Ferreiro.

O 13 de maio será a quenda de Glenn Hughes, exvocalista e baixista de Deep Purple, e a única actuación que terá lugar no interior do Auditorio. O artista interpretará o lendario álbum ‘Burn’, no 50 aniversario da súa publicación, ademais doutros éxitos da banda británica.

O festival continuará o 26 de maio, coa actuación de !!! (Chk Chk Chk), unha das grandes bandas de dance-punk, que chega a Vigo para presentar o seu novo traballo, ‘Let it be Blue’.

Durante o mes de xuño serán protagonistas do Terraceo o mítico Pancho Varona (día 2), a banda de rock Arde Bogotá (día 3) e Curtis Harding (día 30 de xuño), considerado un dos grandes nomes do soul e o R&B.

En xullo, haberá actuacións da La La Love you (1 de xullo), Chris Jagger (7 de xullo), Julieta Venegas (8 de xullo), María José Llergo (21 de xullo), Kitty, Daisy & Lewis (22 de xullo) e os mñusicos tuareg Tinariwen (25 de xullo).

Mentres que, en setembro, subiranse ao escenario os inclasificables do trap Boyanka Kostova (22 de setembro) e o rapeiro galego afincado en Barcelona Hard GZ (23 de setembro).

A programación do IV Festival Terraceo de Vigo pode consultarse na páxina web do Auditorio Mar de Vigo e as entradas xa están á venda a través de www.teuticket.com, cun 20 por cento de desconto para as 200 primeiras de cada concerto.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...